BOIRO> O PP de Boiro insta ó goberno a avanzar na aprobación da Relación de Postos de Traballo. Critican os populares a falla de diálogo do executivo por contratar a unha empresa externa en lugar de escoitas as demandas do comité de empresa.
Trala protestas dos traballadores do concello de Boiro ante o retraso na elaboración da RPT, o Partido Popular insta ó executivo a retomar as conversas co comité de empresa para proceder á súa aprobación antes do mesmo ano.
Critican que tras 20 reunións cos traballadores, o concello contratase unha empresa externa para, din, impoñer o seu criterio de xeito unilateral.
Mentres tanto, moitos empregados públicos continúan con soldos que apenas superan o salario mínimo interprofesional polo que urxen á aprobación de relación de postos de atendendo as demandas dos propios traballadores.
Renacer é pioneira coa organización desta charla que se desenvolverá de catro a oito da tarde no auditorio vello. Pretende ser o punto de partida dun programa moito máis amplo, no que colaboran o concello de Ribeira, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago.











