Cultura renova o seu compromiso co Museo Valle-Inclán

    conselleiroculturabarbanza.jpgPOBRA> O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, visitou  o museo do escritor na Pobra e anunciou melloras nas instalacións.

    {flowplayer}barbanza/conselleirocultura.flv{/flowplayer}

    Roberto Varela tivo ocasión de achegarse un pouco máis á figura dun dos escritores polos que admite sentir especial debilidade. Da man do director do museo Valle-Inclán percorreu as distintas estancias da Torre Bermúdez que albergan auténticos tesouros que deixou a pegada do escritor pola vila barbanzá.

    No percorrido literario estivo acompañado polo alcalde, Isaac Maceiras, a concelleira de Turismo, Encarna González, e o neto do ilustre escritor, Joaquín del Valle-Inclán. Precisamente, o Conselleiro quixo agradecer a súa presenza en representación da familia, coa que xa se iniciaron os contactos para facer máis presente o legado do escritor no setenta e cinco aniversario do seu pasamento.

    Mellora

    A visita serviu ademais para renovar o compromiso de colaboración entre o concello e a Xunta, quen vai destinar unha axuda de sesenta mil euros para a mellora das escaleiras interiores do museo, a instalación dun sistema de videovixilancia e a reparación dalgúns obxectos da exposición.

    Tras felicitar á dirección do museo polo valor da súa colección e o marcado carácter didáctico das mostras, o Conselleiro anunciou a súa presenza na clausura das xornadas Valle-Inclán que se celebrarán na Pobra o próximo mes de outubro.

    Redacción Barbanza