J. Bustelo: ‘O orzamento que presentamos é o mellor que podemos ter nestes momentos’

RIANXO> Aínda que recoñecen que non é o orzamento que desexan, dende o executivo rianxeiro consideran que se trata do mellor presuposto que poden ter nestes momentos.

Trátase dun orzamento de transición, co que poder dar resposta ó incremento experimentado polo gasto corrente nestes últimos anos.

O orzamento recolle tamén as achegas e preocupacións formuladas polos grupos da oposición, permitindo ademais desenvolver os programas e actuacións fundamentais para o municipio en materia de conciliación e educación, como é o caso da posta en marcha do Plan Madruga, así como tamén o mantemento das vías de titularidade municipal e espazos públicos ou no eido da promoción económica.