O PSOE de Boiro denuncia o bloqueo do departamento de Urbanismo

BOIRO>  Os socialistas aluden a que a 30 de novembro existían uns 233 expedientes de obras pendentes de informar.

O grupo municipal socialista denuncia a parálise do departamento de Urbanismo. Din recoller as queixas de numerosos veciños que critican a tardanza na resolución de licenzas de obra. Segundo eles a 30 de novembro  existían uns 233 expedientes pendentes de informar.

Para os socialistas boa parte deste problema vén derivado da decisión da alcaldía de prescindir hai algo máis dun ano do arquitecto municipal. Praza aínda sen cubrir a día de hoxe á que se sumou posteriormente a baixa por xubilación do aperellador.

Os socialistas danlle ademais varias solucións ó equipo de goberno, entre as que lle proponen a cobertura da praza que saiu a concurso-oposición e que xa foi adxudicada. Tamén piden a contratación dun segundo arquitecto, este de xeito temporal, para que se axilicen estes expedientes de obras paralizados.