O alcalde de Ribeira pide que se adapte o nivel de restricións ás peculiaridades da Illa de Rúa

RIBEIRA> O alcalde de Ribeira mantivo unha xuntanza coa Conselleira de Medio Ambiente para trasladarlle as condicións específicas da Illa de Ría no que respecta ás novas normas que van regular a protección de illotes. Entende que o nivel de restrición debe ser acorde ás necesidades desta illa que non soporta apenas presión humana.

A nova normativa autonómica de protección medioambiental establece o mesmo nivel de restricións para illotes moi concorridos, como Areoso ou Xidoiros, e outros que apenas rexistran presión humana como a illa de Rúa. Por esta razón, o concello de Ribeira presentou unha serie de alegacións que o alcalde lle trasladou á Conselleira nunha recente xuntanza.

Refírese principalmente á prohibición de actividades como a pesca deportiva ou a necesidade de autorizacións especiais para as probas deportivas que se celebran na contorna da Illa.

A Conselleira recolleu as inquedanzas expresadas polo rexedor ribeirense co obxectivo de estudalas e achegar posturas nesta fase de exposición pública da normativa. Ángelez Vázquez trasladou tamén que o tránsito individual está absolutamente garantido, aclarando posibles erros de interpretación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí