Os vándalos esnaquizan unha cristaleira no IES Pobra

    vandalospobra.jpgPOBRA> Tamén causaron danos no mobiliario. Con todo, o director do instituto afirma que se trata dun caso aillado e conta con comezar o curso con normalidade.

    A volta ao ‘cole’ non é igual de agradable para todos, senón que llo digan aos vándalos que recentemente atacaron as instalacións do instituto da Pobra do Caramiñal. Entre os desperfectos atópanse pintadas, algúns danos no mobiliario e varias cristaleiras rotas.
    {flowplayer}barbanza/vandalosiespobra.flv{/flowplayer}
    Malia o susto, trátase de danos de índole menor. O director do centro de ensinanza secundaria, José Luis Nogueira, aclarou que se trata dun caso aillado de vandalismo e que xa se puxo en contacto coa Garda civil para facer a denuncia oportuna.
    Ademáis o instituto da Pobra do Caramiñal vén mantendo dende os últimos catro anos unha política de reformas no centro, grazas á colaboración da Consellería de Educación e ao concello da Pobra. Sen ir máis lonxe o pasado ano invertíronse cerca de 70.000 euros en medidas de arranxe. Este ano prevese arranxar o peche perimetral, xa que o valado dunha das pistas deportivas presenta varios buratos.
    Redacción Barbanza