A Xunta estuda a construción dunha nova rotonda na PO-531

    290110_po_531_100.jpgPONTEVEDRA> Os veciños afectados pola reforma da PO-531 estudaron hoxe co delegado da Xunta a posibilidade de incluír unha nova rotonda

    {flowplayer}images/salnes/290110_PO_531.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Os veciños afectados pola reforma da PO-531 estudaron hoxe co delegado da Xunta en Pontevedra a posibilidade de incluír unha nova rotonda na zona de Sabarís e tamén de construír pasos inferiores en Curro.

    José Manuel Cores Tourís percorreu esta mañá cos membros da plataforma veciñal o segundo tramo desta estrada, entre Campañó e Curro. Nestes cinco quilómetros a Xunta pretende darlle á PO-531 un tratamento semiurbano, con 2 carrís de circulación, beirarrúas, con dúas ou tres rotondas, ademais de deixar accesos a tódolos lugares de Curro e A Devesa. A obra afecta a 4 edificacións nesta zona, pero Cores Tourís afirma que as negociacións cos propietarios están avanzadas.

    Na anterior visita feita a mediados de mes, os veciños percorreron co delegado o tramo de Campañó, o máis conflitivo. Xa hai novos planos e son do agrado dos afectados. A Xunta espera que a PO-531 poida verse aliviada de tráfico si se suprime a peaxe entre Curro e Pontevedra. Nos vindeiros días haberá unha reunión entre o Ministerio de Fomento cos propietarios da Autoestrada AP-9, inda que de momento só se falará das peaxes da Coruña, Santiago e Vigo.

    O delegado indicou que a Xunta se coordinará cos concellos de Pontevedra e Barro para aproveitar a obra e incluír a dotación de servizos a estas zonas.

    Redacción Salnés