
{flowplayer}images/salnes/VERTIDO_CALDAS.flv{/flowplayer}
O pasado nove de setembro o PP de Caldas denunciou ante os medios de comunicación un vertido de augas fecais no río Umia. O obxectivo era que o concello solucionase o problema xa que os veciños da localidade levaban padecendo esta situación desde o mes de xullo. Ó día seguinte, o tenente de alcalde informaba que o problema estaba resolto. A día de hoxe, o vertido segue existindo.
Jesús Goldar lamenta que o vertido supón un grave problema medioambiental que está afectando ó río. Asegura que se verte entre douscentos e trescentos litros de augas fecais ó día. Ante esta situación, urxe ó concello a que tome medidas para arranxar o problema.
Ademais, non é a primeira vez que o PP denuncia un problema de vertidos este ano.
Augas de Galicia xa tomou mostras do vertido o pasado nove de setembro polo que haberá que agardar os resultados das análises. Goldar confesou que non descartan acudir á vía xudicial se non se resolve o problema.
Redacción Salnés