A Pobra regresará este sábado ó máximo nivel de restricións

POBRA> O número de casos activos a día de hoxe é de 45 a catorce días, dos cales 30 apareceron na última semana.

O incremento do número de casos activos nos últimos días, e o feito de non poder conter os contaxios, foi unha das razóns que levou ó Comité Clínico a establecer o nivel máximo de restricións no concello da Pobra. Unha medida que entrará en vigor na madrugada do vindeiro venres. Hoxe o número de casos activos é de 45 a 14 días, dos cales 30 apareceron na última semana.

En menos dun mes, o municipio volve a situarse no nivel máximo de restricións. Unha medida que dende o Concello acatan con resignación, á espera de que o máis axiña posible se conteña a cadea de contaxios.

O endurecemento das medidas afectará de novo á hostalería local, a verdadeira prexudicada por esta situación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí