A Policía Local persegue a un condutor ebrio por Vilagarcía

    ROSALIA_CASTRO copy.jpg VILAGARCÍA> O mozo, e veciño de Bamio, está acusado de condución temeraria e de conducir baixo os efectos do acohol.

    {flowplayer}images/salnes/PERSECUCION_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
     
    O suceso tivo lugar ó redor da unha e media da madrugada do domingo. Unha patrulla da Policía Local divisou, á altura do número nove da rúa San Roque, en Vilagarcía, un vehículo marca BMW que procedía da avenida Juan Carlos I e facía unha brusca derrapaxe. Os axentes intentaron darlle o alto pero o conductor, lonxe de deterse optou por dáse á fuga.
     
    Ata chegar ó número 30 de Rosalía de Castro o mozo de vinte e nove anos e veciño de Bamio, tivo tempo a saltarse un stop, un ceda ó paso, invadir varias veces o carril contrario e a piques estivo de arrolar a varias persoas. Ó final conseguiron inmobilizar o vehículo, onde atoparon restos de substancias estupefacientes.
     
    Nestes momentos, o vilagarcián está acusado de conducción temeraria e de conducir baixo os efectos do alcohol. Agora está á espera da celebración do xuízo.
     
     
    Redacción Salnés