Durán pide responsabilidades se non se amplia o Hospital

    alcalde_vilanovacopy.jpgSALNÉS> O Presidente da Mancomunidade sinalou que ‘estamos en tempos de seriedade, austeridade, e non para gastar nun novo Plan Director’.

    {flowplayer}images/salnes/ALCALDES_SALNES_CONTRA_FARJAS.flv{/flowplayer}

    Seriedade, coherencia e asunción de responsabilidade. Isto foi o que lle pediu esta mañá o Presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, á Conselleira de Sanidade despois de coñecer que o borrador dos orzamentos da Xunta para o 2012 non contempla unha partida para a ampliación do Hospital do Salnés. Había un compromiso, dixo, e terá que dar explicacións se non o cumpre.

    Cando a ampliación das Urxencias do Hospital do Salnés estaba máis preto de ser unha realidade, ábrese un novo capítulo despois de coñecer a ausencia desta partida económica. Unha nova que desatou a preocupación e o malestar entre os alcaldes da comarca. Así o explicou o presidente da Mancomunidade quen, ó tempo, pediu explicacións á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.

    E é que segundo dixo Durán o compromiso xa estaba adquirido, tanto que desde a Consellería remitiron un escrito ó concello de Vilanova solicitando os terreos para executala obra. Por iso, sentenciou que terá que asumilas súas responsabilidades se non cumpren a súa palabra.

    O que si contempla ese borrador é unha partida para o deseño dun novo plan director. Neste senso, o presidente da Mancomunidade asegurou que non é necesario a redacción dun novo cando xa existen tres.

    Por último, o tamén alcalde de Vilanova informou que, polo momento, non van solicitar unha reunión coa Conselleira de Sanidade. O que si, pediulle seriedade, coherencia e asunción de responsabilidades.

    Redacción Salnés