Galicia está a sufrir unha vaga delictiva dos pirómanos

    O SALNES> Mañá reunirase en Galicia o Comité Integrado de Prevención de Incendios desta comunidade, co fin de coordinar as actuacións do Goberno…

    {flowplayer}images/salnes/samuel_juarez_incendios_181011.flv{/flowplayer}

    … Central e da Xunta de Galicia, en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na nosa comunidade. A esta reunión asistirán o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, a subsecretaria do Ministerio del Interior, Pilar Gallego; a Directora Xeral de Protección Civil e Emerxencias, María Victoria Sánchez Sánchez; e o delegado do Goberno, José Manuel Pose. O departamento autonómico foi o encargado de solicitar este axuntamento para frear a vaga de lumes que se están a dar intensamente estes días.

    O titular de Medio Rural desminte que houbese falla de previsión, senón que é imposible de predecir que se ían a multiplicar os incendios por unha acción altamente malintencionada do home; a un ritmo de cen lumes diarios, prendidos, nos mais dos casos, pola noite e en zonas de difícil acceso.

    Desminte. Juarez pide tolerancia cero cos incendiarios, e recomendan a poboación que denuncien este tipo de prácticas ou posibles lumes canto antes. Precisamente este Conselleiro, Samuel Juárez será un dos convidados do programa Pleno Aberto desta noite, onde ampliará estas e outras informacións que son competencia do departamento autonómico que dirixe.

    Redacción Salnés