Cambados reduce á metade o seu consumo eléctrico

     CAMBADOS> José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá o municipio para supervisar o remate das obras de aforro enerxético realizadas neste concello

    {flowplayer}images/salnes/AforroEnerxeticoCambados_020413.flv{/flowplayer} 

    Na visita, Cores Tourís estivo acompañado polo alcalde da localidade, Luis Aragunde, así como polo xefe territorial de Economía e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial. Estas obras realizáronse grazas á orde de subvencións da Consellería de Economía e Industria a través do INEGA. Deste xeito, o investimento global foi de 57.210 euros, dos cales a Xunta de Galicia aportou o 70%.

    Os traballos de mellora enerxética consistiron na substitución e instalación na parroquia de Castrelo de 117 luminarias dotadas cun equipo de aforro enerxético que permite reducir ata un 50% a factura eléctrica das novas instalacións.

    Cores Tourís incidíu no feito de que de agora en diante prorizaranse aquelas actuacións que sexan desenvolvidas por varios concellos de xeito mancomunado, como o propio Aragunde confirmou que fará Cambados. 

    Será o xeito de que Cambados siga aforrando na súa factura eléctrica, que nos últimos anos pasou dos máis de 500.000 euros a quedarse grazas a estos plans, nos 300.000 euros anuais que consume actualmente.

    Redacción Salnés