Victoria do Decubal Meaño e derrota do Rasoeiro

SALNÉS> Na Primeira Autonómica o Rasoeiro non puido comezar con bo pé diante do Viña Costeira co que caeu en Monte da Vila. O Decubal Meaño pola súa parte, sí venceu ó Baiona en partido de Copa.

Victoria ampla do Decubal Meaño no pavillón de Corón ante o Balonmán Baiona (29-19). Pese ó triunfo, as sensacións deixadas polos de Pedro Pérez non foron boas. Enfronte tiñan a un rival de categoría inferior e curto de efectivos que aínda así puxo en apuros ós meañeses nos primeiros compases do encontro.

No minuto 15 os visitantes mandaban por catro goles no marcador, debido sobre todo á relaxación local. A reacción do Decubal non se fixo agardar e cun parcial de 9-0 déronllela volta ó electrónico para marcharse finalmente 14-11 ó descanso.

O segundo tempo foi calcado ó primeiro. O Baiona saltou á cancha máis concentrado e grazas a iso foi quen de igualar o marcador, ata que de novo os meañeses aumentaron a intensidade para acabar vencedendo por dez goles de diferencia. Jaime, con once tantos, foi o mellor neste partido de copa do Decubal.

Mentres en Monte da Vila, o Rasoeiro non puido principiar a temporada cun triunfo. Caeu no primeiro partido de liga ante o Viña Costeira por 23-26. As baixas de dous xogadores importantes como Conde e Martín mermaron ó cadro dirixido por Óscar Arosa que pese a todo dominou no marcador durante moitos minutos. De feito na primeira metade mantiveron diferencias favorables de ata seis goles. Pero un bache de xogo nos últimos minutos do primeiro tempo e no inicio do segundo, igualou as cousas. No tramo final, o marcador desiquilibrouse do lado do Viña Costeira, beneficiado pola súa maior experiencia neste tipo de partidos e tamén polas numerosas exclusión que sufríu o cadro local.

A semana que ven os grovenses visitarán ós Atlético Guardés.

Redacción Salnés