Preto de mil persoas participaron na Festa da Bici de Ribeira

RIBEIRA> Unhas 900 persoas de diferentes idades tomaron parte onte domingo no Día da Bici.A actividade incluíu unha volta de case dez quilómetros de percorrido, con saída da praza de España para atravesar a praza do Concello, 9 de Agosto, rúa Galicia, rúa Manzanares, paseo do Touro, Malecón, Carolinas, regreso ao Malecón, rúa Galicia e, xa sen os máis pequenos, continuar posteriormente pola avenida de Ferrol, pasou por Deán, baixouse pola avenida da Paz e regresouse ata o punto do partida previo paso pola avenida da Coruña, Lepanto e Miguel Rodríguez Bautista. De forma simultánea estaban tendo lugar na praza de España unha serie de actividades pensadas para os nenos, entre elas unha concentración de motos plásticas e dúas exhibicións acrobáticas. Xa de regeso o pelotón, na praza de España, desenvolveuse un avituallamiento e procedeuse ó sorteo de diverso material deportivo, vales de compra e dúas bicicletas. A cita estivo organizada polo Concello co apoio dos clubs Os Saltamontes e Tahume e a colaboración de Protección Civil, Policía Local, Sportbike, Chicolino Restauración, Gadis, Podium Sport, Deportes Estévez, Alia, Natural Sport, A Poutada, Mountain Bike e a administración de loterías La Fortuna.