
Alberto Núñez Feijoo quixo coñecer a pé de monte os traballos de rexeneración que se están a desenvolver nas primeiras noventa hectáreas do total de cincocentas que arderon nos montes da parroquia boirense de Cures.
{flowplayer}barbanza/feijoorexeneracionmontes.flv{/flowplayer}
Evitar escorrentías
O centro de Investigacións Forestais de Lourizán traballa no deseño das técnicas de reforestación máis efectivas a aplicar neste e noutros incendios de gran repercusión como o de Laza. O responsable do Goberno galego explicou aque a Xunta está a traballar nunha zona “moi complicada, como foi o incendio de Boiro. Neste incendio de 499 hectáreas, dixo, estamos actuando nas primeiras 90 hectáreas para evitar escorrentías e evitar que os bancos marisqueiros se vexan afectados por elas e polas erosións que se producen coas primeiras chuvias”.
Á espera dos datos oficiais sobre a campaña de incendios que presentará o Conselleiro de Medio Rural a próxima semana no Parlamento, o presidente da Xunta realizou un balance optimista polo esperanzador das cifras, sobre todo no referente ás hectáreas queimadas.
6.000 efectivos
Asemade, o máximo responsable do Goberno Autonómico quixo agradecer o labor dos seis mil efectivos que participaron na extinción de lumes nos montes galegos este verán así como o apoio do exército. Tivo tamén un recordo especial para os dous brigadistas que perderon a vida no incendio de Fornelos de Montes. Tamén destacou o traballo do Exército, tanto nas labores de extinción como na súa labor de vixilancia e o compromiso da sociedade galega co monte, cos bosques galegos e co medio ambiente.
Redacción Barbanza