O Extrugasa consumou a súa vinganza co San José

baloncesto250_100308.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa non tivo piedade cun dos galos da categoría, o San José de León, ó que pasou por riba en Fontecarmoa o sábado. Tamén venceu o Inelga, que continúa imparable en Liga EBA.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_100308.flv{/flowplayer} 

Partidazo o que se puido ver en Fontecarmoa entre dous dos mellores equipos da Liga Feminina con victoria final do Extrugasa por 72-59 ante o San José de León.

Gran encontro das de Isaac Fernández sobre todo nos cuartos que pecharon ambas partes, no segundo e no cuarto. Comezaron mal as vilagarciáns, imprecisas, sufrindo moitas perdas de balón e pronto as leonesas colleron dez puntos de vantaxe tras realizar un parcial de 0-13.

Ahí espabilaron, cando se levaban 9 minutos xa de encontro; todo o contrario que o San José que sufríu probablemente a maior empanada do ano.

Recibiron un parcial de 16-2 e perderon máis balóns nun cuarto que os que soe perder en todo un partido. Así as cousas, as vilagarciáns chegaron cinco por riba ó descanso (33-28).

Trala reanudación e cunha tímida reacción das leonesas ó comezo do terceiro cuarto, Asurmendi e Sara Gómez colleron o mando e puxeron Fontecarmoa en pé, cunha lección de garra que lles levou a robar media ducia de balóns e a encestar 4 triples, dous cada unha, que romperon o encontro. As diferencias chegaron a ser de 22 puntos aínda que o final o San José maquillou o resultado ata o 72-59. T

amén venceu o Inelga e van xa seis xornadas consecutivas, semella que ninguén pode parar o conxunto de Juan Espiñeira. Onte a víctima foi o Sarria ó que doblegou por 75-64. Os vilagarciáns basearon a súa victoria nun gran traballo colectivo e deixaron o encontro sentenciado ó comezo do último cuarto.

En ataque destacaron Juan Mato con 21 puntos e Gustavo Andujar con 16. Con esta victoria continúan séptimos na xeral empatados a victorias co sexto clasificado, o Lan Mobel. A vindeira semana xogan contra un rival a priori asequible como é o Zamora.

Redacción Salnés