A vindeira semana comezan as clases no Conservatorio

escola_musica100.jpgCAMBADOS> Presentouse o curso 2010-2011 do Conservatorio e da Escola de Música Municipal, con moitas novidades en plans educativos e  aulas.

{flowplayer}images/salnes/CURSO_CONSERVATORIO_MUSICA.flv{/flowplayer}

A matrícula do curso 2010-2011 aínda segue aberta, pero o Conservatorio e a Escola de Música Municipal xa contan cun éxito rotundo en número de alumnos. 200, os mesmos que o ano pasado. O novo programa formativo, presentouse esta mañá coa asistencia do alcalde, Luis Aragunde e representantes do Conservatorio e a Escola. Aragunde sinalou a incorporación dun novo profesor, Álvaro Cardalda para acordeón, e o estreno dunha aula de jazz.

O director do conservatorio, José Bugallo, asegurou que o obxectivo do profesorado é formar alumnos que sexan un referente tanto a nivel da comarca como autonómico, potenciando a súa participación en actividades colectivas.

A este ‘Método Orf’, súmase o ‘Codali’ de linguaxe musical, que suporá unha mellora na educación musical dos alumnos tanto a nivel individual como colectivo.

Tras a presentación do programa o alcalde e os membros do Conservatorio e a Escola de Música, percorreron distintas instalación onde comezarán a escoitarse notas musicais e diferentes instrumentos a partir da vindeira semana.

Redacción Salnés