Pose revela os candidatos socialistas do Salnés menos Vilagarcía

    modesto_pose100.jpgRIBADUMIA> O Secretario Pronvincial do PSOE adiantou, en Pleno Aberto, os cambios e as continuidades.

    {flowplayer}images/salnes/MODESTO_POSE_CANDIDATOS.flv{/flowplayer}

    Modesto Pose chegou a Pleno Aberto sen dar pistas sobre o candidato ou candidata, para a Capital do Salnés. Dende fai meses, rumoréase en Vilagarcía que Dolores García non vai repetir como alcaldesa, pero o secretario non quixo puntualizar nada. Tan só se limitou a decir que vai falar con ela para analizar o seu criterio, pero que ten todas as posibilidades de repetir cargo, como calquera outro rexedor.

    Onde si confirmou candidato foi en Pontevedra. Antón Louro, o actual delegado do Goberno, será o cabeza visible dos socialistas na cidade do Lérez. Pose manifestou todo o seu apoio a Louro ó que ve como un candidato solvente que cambiará o panorama en Pontevedra.

    Vilanova tamén cambiará de candidato. Modesto Pose sinalou que xa hai unha nova executiva traballando para as eleccions.

    Pese a estes axustes, hai concellos que sí manteñen os seus candidatos socialistas. É o caso de Sanxenxo, O Grove e A Illa.

    En canto a Meaño, Meis, Barro, Valga, Ribadumia e Pontecesures, Pose sinalou que o PSOE ten que traballar duro para que se produza un salto histórico en concellos tradicionalmente populares.

    Redacción Salnés