O Salnés conquista en Madrid o mercado chinés

MADRID> A Mancomunidade do Salnés vivirá mañá o seu día grande en FITUR. Antes desa cita, os representantes do organismo aproveitaron hoxe para dar a coñece-los atractivos da comarca ante profesionais do sector turístico procedentes da China. O evento tivo lugar hai apenas un par de horas nas instalacións dunha axencia de viaxes, en pleno centro de Madrid.