![]()
CAMBADOS> Presentouse o curso 2010-2011 do Conservatorio e da Escola de Música Municipal, con moitas novidades en plans educativos e aulas.
{flowplayer}images/salnes/CURSO_CONSERVATORIO_MUSICA.flv{/flowplayer}
A matrícula do curso 2010-2011 aínda segue aberta, pero o Conservatorio e a Escola de Música Municipal xa contan cun éxito rotundo en número de alumnos. 200, os mesmos que o ano pasado. O novo programa formativo, presentouse esta mañá coa asistencia do alcalde, Luis Aragunde e representantes do Conservatorio e a Escola. Aragunde sinalou a incorporación dun novo profesor, Álvaro Cardalda para acordeón, e o estreno dunha aula de jazz.
O director do conservatorio, José Bugallo, asegurou que o obxectivo do profesorado é formar alumnos que sexan un referente tanto a nivel da comarca como autonómico, potenciando a súa participación en actividades colectivas.
A este ‘Método Orf’, súmase o ‘Codali’ de linguaxe musical, que suporá unha mellora na educación musical dos alumnos tanto a nivel individual como colectivo.
Tras a presentación do programa o alcalde e os membros do Conservatorio e a Escola de Música, percorreron distintas instalación onde comezarán a escoitarse notas musicais e diferentes instrumentos a partir da vindeira semana.
Redacción Salnés











