Un solar abandonado ameaza con facer do Rueiro un barrio marxinal

    rueiro.jpgRIBEIRA> Veciños e comerciantes da zona do Rueiro, soportan dende hai anos unha situación de total desamparo ante o estado de abandono do barrio.

    {flowplayer}barbanza/denunciasvecinosrueiro.flv{/flowplayer}

    Un solar ubicado na zona do Rueiro, un dos barrios máis significativos de Ribeira en pleno casco urbano, está a ser empregado nos últimos anos como lugar habitual de toxicómanos, un problema que está a traer de cabeza tanto a residentes como comerciantes.

    Inseguridade

    A inseguridade nesta rúa é pois evidente. Varios comerciantes sufriron xa nas súas propias carnes diversos roubos, temendo a que a zona se converta nun foco marxinal, o que traería consigo importantes prexuízos para os seus negocios coa conseguinte baixada de clientes.

    A esta situación hai que sumarlle tamén o estado total de abandono que presenta a rúa con importantes deficiencias.

    A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión ó concello, con denuncias persoais ou mesmo a través dunha recollida de sinaturas, polo de agora non conseguiron nada. Dende o executivo local faise oídos xordos ás súas peticións. Temen que unha posible traxedia no futuro poida darlles a razón.

    Redacción Barbanza