A discoteca Gran Vía sométese ás probas acústicas para axustarse á lei

    discotecagranvia.jpgPOBRA> A discoteca Gran Vía continúa pechada dende o seis de setembro cando o concello optou por prohibir a actividade por mor dos actos vandálicos.

    {flowplayer}barbanza/discotecapobra.flv{/flowplayer}

    Ó longo de toda a xornada, os técnicos dunha empresa acústica realizaron medicións na discoteca para comprobar os niveis de ruído e a correcta insonorización do local. Trátase dun esforzo máis do seu propietario para demostrar que o establecemento cumpre cos requisitos legais.

    Firmas de apoio

    Unha vez certificados os parámetros de insonorización remitirallos ó concello xunto coas máis de dúas mil firmas de apoio que xa ten recadado entre os veciños. Todo co obxectivo de poder reabrir o seu negocio que tivo que pechar por causas alleas.

    Plataforma veciñal

    Fronte ó apoio social de boa parte da vila está a presión veciñal dos residentes da zona do Xogo da Bola. Un grupo de veciños ven de constituírse como plataforma para esixir que o peche sexa definitivo. Malia que declinaron facer declaracións ante as cámaras, explicaron que o principal problema son os concertos de grupos de rock na terraza que lles impiden conciliar o sono. Por este motivo, as medicións realizadas esta mañá non teñen validez algunha para eles.

    Pola súa banda, o propietario da discoteca está disposto a deixar de organizar concertos e realizar as reformas que sexan precisas para que o local poida voltar a funcionar.

    Aínda así, tralas conversas mantidas co alcalde, José María amósase pouco esperanzado e non descarta o peche definitivo coas consecuentes perdas económicas derivadas da cuantiosa inversión realizada no establecemento.

    Redacción Barbanza