O concello da Pobra convoca o VI Certame de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A POBRA> Abre o prazo de presentación de obras ó certame de literatura infantil que convoca o concello da Pobra. Este ano, o premio está dotado con tres mil euros e a publicación da obra gañadora por parte da editorial Galaxia.

Na súa sexta edición, o premio de literatura infantil Carlos Mosteiro está xa consolidado como un referente a nivel galego. Ten no seu haber premiados da categoría de Xosé Antón Neira Cruz ou María Canosa.

O prazo de recepción de traballos estará aberto ata o 1 de novembro e o xurado dará a coñecer a obra galardoada en decembro. Ademais da dotación económica de tres mil euros, a editorial Galaxia publicará o título gañador.

E é que estimular a creación de literatura en galego e achegala ó público infantil é o principal obxectivo que busca este certame, ó tempo que homenaxe á figura do pobrense Carlos Mosteiro pola súa contribución á literatura e á cultura en xeral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí