O BNG de Muros está en busca de candidatos

    MUROS> O partido convida a participar a toda a cidadanía. Xa hai rexistrada unha candidatura.

    Tras uns meses duros e repletos de dificultades, os nacionalistas muradáns anuncian a apertura do proceso para elixir candidaturas para as eleccións municipais. Desde o BNG teñen claro cal é o perfil idóneo para optar á alcaldía de Muros. Búscanse candidatas e candidatos novos e que queiran representar a tódolos sectores agredidos polo actual goberno e o sistema político español, segundo apuntou o responsable local. Polo momento xa hai unha candidatura proposta na asamblea local, pero aqueles interesados en participar neste proceso poden poñerse en contacto ca organización a través do correo electrónico bngmuros@gmail.com ou achegándose á Caverna, un local muradán que funciona como sede oficiosa. Requírense proxectos apaixonantes que poidan transformar a política local.