O entroido de Porto do Son repartirá preto de catro mil euros en premios

PORTO DO SON> O entroido de Porto do Son repartirá preto de catro mil euros en premios. Ademais do certame de adultos, coas categorías de comparsas, grupos e individuais, celebrarase un concurso infantil. Outorgaranse premios en metálico para os tres clasificados e elixirase ó rei e á raíña do entroido.

O concurso infantil que abrirá a programación o sábado pola tarde no pavillón Santa Irene recupera este ano os premios en metálico. Por esta razón será preciso inscribirse previamente a través do rexistro ou da sede electrónica con data límite deste venres.

O domingo ás cinco terá lugar unha filloada e degustación de produtos típicos de entroido na praza de España. E o luns, festivo local, celebrarase un dos días grandes co gran desfile de carrozas dende a casa da cultura ata o polideportivo.

As celebracións chegarán á súa fin o mércores co enterro do Felipe e posteior chocolatada no náutico de Porto do Son.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí