![]()
PONTECESURES> O Presidente de Portos visitou as labores de limpeza do Ulla e o pantalán do Club de Piragüismo.
{flowplayer}images/salnes/PTE_PORTOS_GALICIA_PONTECESURES.flv{/flowplayer}
O presidente de Portos de Galicia e a alcaldesa de Pontecesures, visitaron as distintas labores que se están a realizar no porto da localidade. Por unha banda José Manuel Álvarez Campana, comprobou de primeira man as labores de limpeza que se están a realizar na canle do río Ulla, unha actividade que se inscribe dentro do plan de Choque.
Os mergulladores que traballan nesta labor, aseguran que están a atopar moito lixo no fondo. Vasos, baterías, rodas e ferros, son algúns dos utensilios sacados a flote. Piden que a poboación se conciencie máis para manter o río limpo.
Álvarez Campana asegurou que esta visita é un xeito de corroborar o compromiso que a administración adquiriu co concello de Pontecesures para o plan de ordenación do espazo portuario.
O presidente de Portos de Galicia tamén visitou o novo pantalán para o Club de Piragüismo da localidade.
Redacción Salnés










