O SALNÉS > O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá dúas adega

    O SALNÉS> O Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou esta mañá dúas adegas da subzona do Salnés para coñecer… {flowplayer}images/salnes/22092010_visita_adega_cores_touris.flv{/flowplayer} … de primeira man a evolución da vendima deste ano que está xa na súa fase final. Este representante do goberno galego estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural, con quen coincidiu en salientar a calidade desta anada. A visita do delegado comezou no Concello de Portas, na adega da Cooperativa Viña Almirante da que forman parte 77 socios. Aquí recolléronse ate o de agora un total de 325.000 quilos de uva que permitirán obter 231.000 litros de viño. A segunda das paradas tivo lugar en Meaño, nas instalacións da cooperativa Vitivinícola Arousana, onde se producen as marcas Paco y Lola e Rosalía de Castro. A vendima nesta adega está xa rematada grazas ó traballo das 434 familias que compoñen a cooperativa. En total recolleron un millón e medio de quilos de uva. De agora en diante, tanto a cooperativa Vitinivinícola Arousana como Viña Almirante, ademais de centrarse na propia elaboración do viño, redobrarán esforzos nas estratexias de mercadotecnia co fin de expandir e consolidar mercados alén das nosas fronteiras. Redacción Salnés