Javier Puertas: ‘Estamos en números vermellos’

    autoridade_portuaria100.jpgVILAGARCÍA> A crise tamén afecta ó Porto de Vilagarcía. Así o recoñeceu hoxe o seu presidente Javier Puertas, …

    {flowplayer}images/salnes/autoridade_portuaria.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A crise tamén afecta ó Porto de Vilagarcía. Así o recoñeceu hoxe o seu presidente Javier Puertas, que presidiu onte a súa primeira reunión do Consello de Administración da Autoridade Portuaria. Puertas presentoulles o informe de xestión desde xaneiro a agosto deste ano e os datos ofrecen unha diminución do 17,08 por cento.

    Só en agosto, os tráficos baixaron un 32 por cento con respecto ó mesmo mes do ano pasado, sobre todo en metanol e fuel debido á baixada de actividade de Finsa, e tamén en cemento e urea, pola crise na construción. E ademais, o tráfico de contedores baixou un 95 por cento. Esta tendencia negativa parece que seguirá ata final de ano. O único dato positivo é a evolución do tráfico de cereais, que no último mes comezou a entrar no porto a través da liña de ferrocarril.

    Para Puertas, este medio de transporte é vital para o porto. Pese ó balance negativo e con tan só 21 días á fronte do porto, Javier Puertas asegura que está ilusionado e optimista e cre que se pode amortecer a caída. Para facelo, a Autoridade Portuaria ten en marcha desde primeiros deste mes un plan de acción con dúas vías de traballo.

    No Consello de Administración tamén se aprobou onte o investimento deste ano dentro do Plan de Empresa 2009-2013, que será de 8 millóns de euros. Neste Plan inclúense os proxectos do peirao comercial, o ferrocarril a Ferrazo e o dragado da entrada do peirao. Puertas indicou que revisará cada un deles e que se levarán a cabo se os considera beneficiosos para o porto.

    Redacción Salnés