Grandes novidades nunha nova edición de Expoferta

    expofertacopy.jpgVILAGARCÍA> A Feira celebrarase os días 10, 11 e 12 de agosto na rúa Elpidio Villaverde, ó carón do peirao de pasaxeiros. A entrada será de balde.

    {flowplayer}images/salnes/EXPOFERTA_PTAC_300712.flv{/flowplayer}

    Unha carpa duns seiscentos metros cadrados instalada na rúa Elpidio Villaverde, ó carón do peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía, acollerá a sétima edición de Expoferta os días 10, 11 e 12 de agosto, a Feira de Oportunidades que cada ano organiza a Asociación de Comerciantes Zona Aberta. Este ano celebrarase con grandes novidades. Entre elas destacar o feito de que non se vaia celebrar en Fexdega, que coincidirá coas grandes festas da cidade e que a entrada será de balde.

    Por iso, as expectativas da asociación, segundo sinalou a súa Presidenta é repetir cando menos a afluencia do ano pasado onde se rexistraron unhas dezaoito mil persoas. Ademais, ó ser nesta ocasión na rúa, agardan moita máis xente.

    A carpa, que estará aberta en horario ininterrumpido de doce da mañá a doce da noite, dará cabida a 39 establecementos, entre eles varios doutras localidades.

    Redacción Salnés