Os sindicatos convocan unha folga para o sector da construcción

    sindicatos_100_240907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA> UXT, CIG e CC.OO. anunciaron esta mañá unha folga no sector da construcción na provincia de Pontevedra

    … para os vindeiros días 2,3,4,9 e 10 de outubro. Un paro que dende o día 16 será indefinido e que se levará a cabo debido á rotura das negociacións na última reunión coa patronal celebrada o pasado 7 de setembro.

    Membros dos tres sindicatos presentaban hoxe unha declaración de folga no sector da construcción. Este paro laboral chega despois de 11 reunións entre os sindicatos e a patronal. Na última xuntanza celebrada o pasado 7 deste mes rompéronse as negociacións polo desacordo en canto os temas a tratar.

    Dende UXT, CIG e CC.OO. pretenden acadar unha diminución das xornadas laborais, un incremento salarial, estabilidade no emprego, dietas …etc. Unha mellora no sector da construcción que non coincide coas intencións da patronal. A patronal segue mantendo a súa postura económica de aumentar o 6% dos salarios no primeiro ano, pero dende os sindicatos afirman que esta postura só se axusta á categoría de oficial de primeira mentres que este porcentaxe descende ate o 3,5% para os peóns de obra. Os sindicatos non están de acordo con esta postura e néganse aceptar este tipo de acordo económico polo que afirman que non pararán ate conseguir un convenio que recolla as súas solicitudes.

    Para acadar as súas propostas CIG, UXT e CC.OO. convocaron ós 45.000 traballadores da construcción da provincia de Pontevedra a unha folga para os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e un paro indefinido a partires do día 16.

    Redacción Salnés