Sen clase ás tardes ante a negativa de instaurar a xornada única

    pilarmaestusierra.jpgPOBRA> Con esta acción os proxenitores do CEP Pilar Maestú Sierra pretenden que Educación lles modifique o horario establecido .

    {flowplayer}barbanza/ceppilarmaestu.flv{/flowplayer}

    A pesar de ter aprobada por maioría dende o ano 2008 a xornada única, o horario a día de hoxe neste centro educativo pobrés non chegou a modificarse. Ante esta situación e como medida de protesta, a práctica totalidade dos pais non está a enviar ós seus fillos ás clases polas tardes. A razón esgrimida dende a consellería de Educación para explicar esta decisión responde ós problemas existentes co transporte escolar. Algo que non convence ós proxenitores.

    Falla profesorado

    A situación ademais este ano veuse agravada debido á supresión dunha praza de profesor de audición e linguaxe.

    Outras accións de protesta

    A súa intención é manterse firmes na súa postura, e provocar así un xiro radical na decición de Educación. Tampouco descartan emprender outro tipo de accións reivindicativas máis duras no caso de que as súas solicitudes non sexan atendidas.

    Redacción Barbanza