Dolores García non será a candidata socialista á alcaldía nas municipais

    DOLORES_GARCIA copy.jpg VILAGARCÍA> A alcaldesa de Vilagarcía confesa que se trata dunha decisión persoal e que se sinte apoiada en todo momento polo partido.

    {flowplayer}images/salnes/ALCALDESA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
     
    Unha decisión persoal e porque non se sinte ó cen por cen para asumir de novo este cargo, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, adiantou esta tarde en rolda de prensa que non vai a ser a candidata do Partido Socialista á alcaldía nas próximas eleccións municipais. Confesou que foi unha decisión persoal e que se sentiu apoiada polo partido en todo momento.
     
    Por iso, quixo agradecer esa confianza que depositaron nela para ocupar este posto ó longo destes catro anos. Palabras que se estenderon tanto ós seus compañeiros como para os membros do BNG.
     
    Na súa comparecencia confesou, que a pesares das debilidades que puideron presentar nalgúns momentos, está moi satisfeita coa labor que se fixo desde o concello. Destacou a activación da inversión pública, a mellora do litoral de Vilagarcía, o impulso dos servicios sociais ou o liderazgo no ámbito cultural e deportivo. Por iso, manifestou que vai a seguir traballando ata o último momento.
     
    A data na que será elixido o candidato do Partido Socialista á alcaldía de Vilagarcía para as próximas municipais aínda está por determinar.
     
     
    Redacción Salnés