BOIRO> Os nacionalistas saen así ó paso das críticas efectuadas polo executivo local, que os acusa de que, na súa etapa á fronte da alcaldía, foron os causantes deste esaxerado incremento. O BNG de Boiro acusou ó goberno local de querer enganar á cidadanía culpándoos da suba catastral. Algo que dende a formación nacionalista non están dispostos a consentir. Segundo eles é Facenda, e non o concello, o que fixa estes valores. Segundo os membros do BNG boirense a revisión dos valores catastrais realizouse nos anos 2007, 2008 e 2009, épocas na que o prezo do mercado inmobiliario se atopaban moi elevados. Xa daquela o goberno bipartito formado por nacionalistas e socialistas cando estaban á fronte da alcaldía presentaron recurso contra esta modificación, cando o PP non fixo nada por remedialo. Por esta razón téndenlle a man ó equipo de goberno para volver a reclamar conxuntamente ante Facenda a revisión destes valores que hoxe en día cambiaron moito.
Inicio Barbanza - Muros - Noia