![]()
POBRA> O proxecto enmárcase nunha serie de melloras solicitadas ó ente autonómico entre as que se atopan tamén a instalación de surtidores de combustible e a construción dunha serie de departamentos para usuarios.
{flowplayer}barbanza/reunionportospobra.flv{/flowplayer}
O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, e o patrón maior da confraría, Manuel Maneiro, mantiveron un encontro co titular de Portos de Galicia, Xosé Manuel Álvarez Campana, para solicitarlle unha serie de melloras nas instalacións portuarias. A principal consiste na remodelación da actual lonxa.
Estación mixta subministro combustible
Ademais, recollendo as demandas dos usuarios do porto, tamén solicitan a instalación dunha estación de subministro de combustible, consistente en surtidores de gasoil e gasolina. O representante da confraría tamén lle fixo chegar ó presidente a necesidade de contar con departamentos para pertrechos dos amardores.
Por último, plantexaron tamén a posibilidade de substituír a actual entrada ó porto comercial por outra pilotada, de xeito que poidan pasar as correntes contribuíndo así á recuperación dos bancos marisqueiros.
Redacción Barbanza









