Un ‘castigo’ ó crecemento do concello

    po308poio copia.jpg POIO> O alcalde e a Plataforma Poio PO-308, indignados co conselleiro de Infraestruturas por culpar ó concello dos problemas de seguridade da vía.

    {flowplayer}images/salnes/PLATAFORMA_PO_308_POIO.flv{/flowplayer}

    Hai uns días o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas, Agustín Hernández, remitiu unha carta ó concello de Poio asegurando que a Xunta está a traballar no proxecto de mellora da PO-308 ó seu paso polo concello, pero que se había un problema coa seguridade viaria desta estrada, era polo ‘crecemento urbanístico sen control’ permitido polo concello. As declaracións caeron como unha xerra de auga fría entre os membros do goberno local e os representantes dos 25 colectivos que integran a recén creada Plataforma Poio pola seguridade viaria da PO 308.

    Concello e Plataforma insisten en que a mellora desta estrada é unha demanda que vén de longo. Doce quilómetros de vía que adoecen de medidas de seguridade básicas, sobre todo no treito entre Combarro e Raxó.

    O concello remitirá agora unha carta de contestación ó conselleiro á espera de que os reciba para falar do tema. Mentres, comezarán cunha intensa campaña informativa o vindeiro día 20, precedida pola colocación de pancartas no treito da vía e o reparto de panfletos e pegatinas.

    Dende o concello insisten na necesidade de construír unha circunvalación que descargue de tráfico esta vía, un proxecto que, aseguran, aparecía no plan director de autoestradas do bipartito e que a actual Xunta non incluíu.

    Redacción Salnés