O concello da Pobra incrementará a vixilancia polas molestias derivadas do ocio nocturno

POBRA> Un grupo de veciños do casco urbano vén de mostrar o seu malestar polas molestias derivadas do ocio nocturno. Os afectados explican que o problema se atopa na rúa Unión, fundamentalmente nas fins de semana, a consecuencia das aglomeraciones de persoas consumindo na rúa.

Os veciños da rúa Unión e anexas están fartos dos ruídos. Din sentirse indefensos ante un problema que lles está a causar serios prexuízos de saúde e convivencia. Culpan da situación ó ocio nocturno que se dá na zona, preferentemente as noites da fin de semana. As súas queixas xa chegaron ó Concello. Esíxenlle ó goberno municipal a adopción dalgún tipo de medida que free a actual situación que están a padecer.