Traspaso reivindicativo da hostalería ante as medidas para a reapertura

BARBANZA> A hostalería ve practicamente inviable reabrir os seus negocios coas medidas de desescalada propostas polo Goberno. A maioría dos hostaleiros do Barbanza xa anunciaron que continuarán pechados, xa que as condicións impostas para o desenvolvemento da súa actividade.

A práctica totalidade dos locais hostaleiros do Barbanza continúan a día de hoxe coa reixa botada. O inicio da Fase 0, na que se permitía a apertura de bares e restaurantes para servir comida a domicilio, apenas tivo incidencia. E a tenor de como están as tornas no sector, parece que a súa reapertura virá máis tarde que cedo. Pero o seu desacougo continúa coas propostas do Goberno para a Fase 1, que se iniciaría a partir do 11 de maio, co permiso de apertura das terrazas cun 50% da súa capacidade. Con este aforo ven pouco viable poder manter os negocios.

Outro dos problemas ós que aluden son os ERTE e a flexibilización á hora de poder ir incorporando ós seus traballadores.

E é que a a maioría dos hostaleiros viven con gran incerteza esta situación, ó ter que afrontar os mesmos gastos case a diario, e co negocio pechado…Razón pola que en moitos bares da comarca xa instalaran carteis de Se Vende ou Se Traspasa, en sinal de protesta contra o Goberno.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí