O sector comercio secunda de xeito irregular a folga no Barbanza e Noia

    folgacomerciobarbanza_copia.jpgBARBANZA/NOIA> A maioría dos comercios nestas dúas comarcas optaron por abrir con normalidade as súas portas. Nalgúns casos a presenza dos piquetes provocou peches temporais.

    {flowplayer}barbanza/folgacomerciobarbanza.flv{/flowplayer}

    O paro xeralizado nas grandes empresas das zonas do Barbanza e Muros-Noia, provocou que a presenza de piquetes fora maior no sector comercio onde o seguemento da folga se fixo dun xeito máis irregular. A maioría dos comercios e establecementos hostaleiros destas dúas comarcas optaron por abrir as súas portas con total normalidade, senón a primeira hora ó longo de toda a mañá.

    Enfrontamentos

    Na praza de abastos de Boiro vivíase tamén a primeira hora desta mañá un pequeno enfrontamento entre os piquetes e unha vendedora de peixe que decidira abrir o seu posto. A presenza da Garda Civil impediu que o conflito fora a maiores.

    Redacción Barbanza