O turismo accesible para todos, protagonista de Ferpalia 2010

    ferpalia100.jpgPONTEVEDRA> Pola folga xeral,inaugurouse un día antes do previsto. Onte, o recinto feiral, deu a benvida á 18º edición deste Salón de Turismo de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_FERPALIA.flv{/flowplayer}

    Ferpalia 2010, abriu onte as súas portas no recinto feiral de Pontevedra, co turismo accesible como o protagonista do salón. Á inauguración acudiron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o presidente da Cámara de comercio pontevedresa, Francisco Moldes. Baixo o título, Especial Accesibilidade, Diseño Universal e Turismo para todos, espérase que Ferpalia sexa un punto de encontro para mellorar a calidade de vida das persoas discapacitadas.

    Para elo, ponse en marcha o Primeiro Congreso Nacional de Accesibilidade, Diseño Universal e Turismo para todos. En España existen 3,5 millóns de persoas con discapacidade e en Europa máis de 50 millóns.

    O presidente da Deputación pontevedresa, presentou ós turoperadores presentes na inauguración o proxecto Pousadas Xardíns do Salnés, adaptadas a todo tipo de discapacidades.

    Ferpalia estará aberto ata o día 2 de outubro. Trátase dun salón monográfico que o ano pasado xerou un movemento económico de 40 millóns de euros, o 60% de todo o turismo galego.

    Redacción Salnés