O IES Virxe do Mar cambia de imaxe grazas á Asociación Vella Escola

NOIA> O mural realizado polos membros da Asociación Vella Escola nun dos laterais do IES Virxe do Mar, o que dá a rúa Besteiros, terá continuidade. Así o confirmou o alcalde, Santiago Freire, despois de ver o resultado, e atendendo a boa aceptación que tivo. segundo el, nas próximas semanas daráselle continuidade ata completar toda a fachada lateral desta rúa.

Un acordo entre o Concello, Educación e a propia dirección do IES Virxe do Mar, permitiu esta actuación levada a cabo nun dos muros laterais do centro educativo, concretamente o que dá a rúa Besteiros. O resultado salta a vista. Unha mellora significativa grazas ó traballo dos integrantes da Asociación Vella Escola. Eles foron os verdadeiros artistas.

Segundo explicou o rexedor noiés, o resultado e os parabéns recibidos pola creación deste mural, foi unha das razóns polas que se acordou darlle continuidade a esta obra de arte, e nas próximas semanas completarase totalmente a fachada do edificio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí