A Deputación da Coruña recada fondos para a investigación contra o coronavirus

CORUÑA> A Deputación da Coruña pon en marcha unha campaña voluntaria de recadación de fondos para a investigación contra o coronavirus. Os funcionarios e responsables políticos poden realizar os seus donativos a través dunha conta bancaria habilitada a tal efecto.

Tanto os funcionarios da Deputación da Coruña como os membros da corporación provincial poden aportar o seu gran de area na loita contra o coronavirus. A administración provincial pon en marcha unha campaña de recadación de fondos para apoiar a investigación de vacinas e tratanebtis médicos fronte ó Covid-19 que están a desenvolver os equipos multidisciplinares da Universidade de Santiago. Con este fin, facilitou os datos dunha conta bancaria a todo o persoal para que podan realizar os seus donativos. Nestes días xa se rexistraron numerosas doazóns.

Por outra banda, o concello de Lousame está a tomar medidas para axilizar o pago ós proveedores e reducir as consecuencias da falla de liquidez. A corporación municipal aprobou dous recoñecementos extraxudiciais de crédito por valor de cento sesenta e sete mil euros para o pago de facturas presentadas en 2019. a intención do goberno local é envialo ó luns á Deputación para que poida ser publicado no Boletín Oficial da Provincia co fin de que se aboen as facturas antes de fin de mes.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí