Máis dun milleiro de alegacións para esixir a retirada do POL

    bngribeiraalegacions_copia.jpgRIBEIRA> Aproveitando que hoxe remataba o prazo de presentación de alegacións ó Plan de Ordenación do Litoral, despois de dous meses de exposición pública, o BNG xunto a un grupo de veciños afectados, entregaba no rexistro do concello máis dun milleiro de alegacións a este documento.

    {flowplayer}barbanza/bngribeiraalegacions.flv{/flowplayer}

    Dende a formación frentista sinálase que o Plan de Ordenación do Litoral xerou un gran descontento en todo o municipio. Proba palpable desta situación de malestar foron as máis de mil alegacións que conseguiron reunir nestes dous meses nas que o documento estivo a exposición pública, a pesar de coincidir nun mes inhábil como é o de agosto.

    Gran afectación

    Algunhas das zonas máis afectadas son os espazos de interese que se localizan nunha parte importante do casco urbano de Aguiño e Corrubedo, así como tamén en diversas zonas de Carreira, Artes ou Olveira, ó estar afectadas tamén polo Parque Natural. Tamen existe un amplo espazo en mellora ambiental que lle afectará basicamente ó ámbito litoral de Ribeira, e parte de Aguiño, Carreira, Castiñeiras e Palmeira, áreas nas que só se permitirá a construción de xeito excepcional. Aspecto que segundo os nacionalistas contrastará de cheo coa permisividade que a Xunta lle dará a outros desenvolvementos de plans sectoriais como poden ser o Plan Acuícola, que prevé a construción de tres piscifactorías no entorno de Couso e unha macropiscifactoría no Corgo, ou o Plan Eólico para o Monte da Cidade e arredores, así como tamén a San Alberte.

    Redacción Barbanza