Noia acolle este sábado o II Trofeo Vila de Noia de Patinaxe

NOIA> Esta mañá era presentada no Concello a segunda edición do Trofeo Vila de Noia de Patinaxe.

A competición organizada polo Club Noia Patín, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe, e o propio Concello, terá lugar este sábado 23 de novembro no pavillón Agustín Mourís.

Prevese unha participación próxima ós cen patinadores sumando tódalas categorías, dende pequenos a maiores.

Dende o Concello destacraon a importancia deste tipo de probas, animando a acudir ese día ó pavillón municipal a presenciar este torneo, no que vai a haber unha ampla representación local.