A POBRA> Pagou a pena a espera. A combinación de drons e fogos de artificio aéreos e acuáticos convenceu ó numeroso público que o pasado venres se concentrou no paseo dos Areos para gozar dun espectáculo único en toda España.
Tivera que ser suspendido o pasado mes cando as fortes rachas de vento impedían que se desenvolvese con seguridade a gran función preparada para pechar as festas do Nazareno.











