Un incendio nunha cociña obriga a desaloxar un edificio da rúa Bao

    incendiobaoboiro.jpgBOIRO> As lapas orixináronse nunha campá extractora dunha das vivendas da planta baixa.

     

    Veciños do edificio Fonte do Bao, en Boiro tiveron que ser desaloxados por mor dun pequeno incendio acontecido na cociña dunha das vivendas da planta baixa.

    Ata o lugar do suceso, que ocorreu o redor das oito e media do serán,  trasladouse unha patrulla do GRUMIR da localidade así como dúas dotacións de bombeiros de Boiro e Ribeira. Na vivenda reside unha familia de nacionalidade chilena. Nun primeiro momento, eles mesmos, axudados polos veciños, tentaron sofocar o lume. A mesta fumareda que se xerou obrigounos a avisar os servizos de emerxencia.

    {flowplayer}barbanza/incendiobaoboiro.flv{/flowplayer}

    Moitos dos residentes no edificio, perante a situación, optaron por sair das súas vivendas. Tan só unha persoa, cun ataque de pánico, tivo que ser atendida polos bombeiros. Tras o suceso, non precisou asistencia médica.

    A rápida extinción do lume evitou que as lapas se extenderan pola vivenda. Con todo, o lume esnaquizou a campá por completo e parte do mobiliario da cociña.

    Redacción Barbanza