Suben os prezos da ameixa na volta ó traballo dos mariscadores de Ribeira

RIBEIRA> Unha trintena de mariscadores retomaban esta semana a campaña da ameixa en Ribeira. Facíano  nas mesmas zonas onde estiveron traballando ata o mes de abril, cando decidiron pechar por mor da escaseza de marisco e a escasa rendibilidade. Sen ben, a ameixa segue a escasear con moitas dificultades para apañar o tope de quince quilos si se constatou a presenza de marisco de maior tamaño. Outra das notas positivas é a suba da cotización con prezos bastante elevados para esta época do ano. Os profesionais seguirán a faenar nesta zona ata finais de xuño cando se abrirán as concesións de Airoa Castiñeiras. Agárdase tamén que para o forte da campaña de verán se duplique o número de profesionais dedicados á ameixa.