NOIA> Noia vivirá a partir deste venres unha das súas citas máis festivas. A Feira Medieval quenta motores para recuperar o esplendor de anteriores edicións tras dous anos sen celebrarse.
Ademais das actividades xa clásicas desta feira, o programa incluirá tamén novidades destacadas. O mercado medieval, instalado polas principais rúas do casco histórico, constará de 170 postos e durante toda a fin de semana desenvolveranse espectáculos e animación de rúa.
Dende o concello agardan gran afluencia de visitantes nunha das principais citas estivais da comarca.