Os comerciantes pagan un 90% máis polo imposto de recollida do lixo

    lixo copia100.jpgSANXENXO> Para Entretendas, esta medida, que afecta sobre todo a supermercados e hostaleiros, é abusiva.

    {flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_COMERCIANTES_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Un cambio de tarificación, que pasa de ter en conta o tipo de establecemento a considerar os metros cadrados do local, é o responsable deste importante aumento no imposto do concello. unha medida que case dobra a cantidade do pago anterior.

    A pesares de que a medida afecta a todos os comerciantes, supermercados e establecementos de hostalería son os máis prexudicados pola subida, debido a que xeralmente ocupan maior superficie.

    Segundo os comerciantes, a medida foi aprobada nun pleno municipal, pero o sector non tivo notificación do incremento ata que recibiron a carta do Oral municipal. Cando esixiron explicacións destas subidas, que en ocasións acadan o 90% con respecto á taxa do ano pasado, tampouco recibiron resposta.

    Dende a organización moitos ven a nova medida como un ataque contra o pequeno comercio. Algúns chegan a pagar ata 1000 euros polo imposto do lixo do 2011.

    Os comerciantes tamén aseguraron que este non é o primeiro aumento que nos últimos tempos tense producido neste imposto, unha cifra que leva experimentando subas semellantes nos últimos catro anos.

    Redacción Salnés