Lantero manterá mañá a súa primeira reunión durante a folga

    VILAGARCIA> Segunda xornada de folga en Lantero sen a penas novidades, á espera da xuntanza que manterán mañá en Santiago o Comité de Empresa e a dirección. As expectativas para esta reunión non vai moito máis aló dunha primeira toma de contacto.

    O Comité de Folga de Lantero asegura que o seguemento neste segundo día de paro foi do total da plantilla de producción e preto da metade dos traballadores de oficina. Aseguran que os traballadores seguen unidos e están dispostos a aguantar o tempo que faga falla. Mañá pola mañá en Santiago está fixada a primeira reunión entre as partes que distan moito de achegar posturas. Respecto ás afirmacións da dirección da empresa de que teñen producción garantida para semanas, os traballadores poñen en dúbida tanta previsión de producción. No tocante ó clima ás portas de Lantero hoxe estivo máis calmado sen antidisturbios como anunciara onte a empresa. O que si houbo que lamentar foi algún intento de agresión e provocación, segundo os traballadores, por parte da empresa de seguridade privada contratada pola empresa.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/lantero2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/14/seguimento_folga_lantero.mp4{/flowplayer}